Sign In

Noticias

Últimas Noticias
«UN AGASALLO PARA MAMÁ»

«UN AGASALLO PARA MAMÁ»

💐 Volve a campaña que máis nos gusta: Porque ela sempre está… e este ano, o seu agasallo tamén pode saírche gratis!

O Día da Nai é desas datas que se senten. É agarimo, é agradecemento, é tempo compartido… e tamén é a oportunidade perfecta para apostar polo que temos preto: o noso comercio local.

Dende a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) lanzamos “Un agasallo para mamá”, unha campaña pensada para ti: para que desfrutes mercando en Arzúa e, ademais, poidas levar unha sorpresa moi especial.


🛍️ Mercar aquí, gañar aquí

Participar é tan sinxelo como facer o que xa fas: mercar no teu comercio de confianza.

Entre o 20 de abril e o 3 de maio, por cada compra superior a 15€ nos establecementos asociados:

  • Recibes o teu ticket
  • Escribes o teu nome completo e o teléfono no reverso.
  • E deposítalo na urna de AECA habilitada na tenda.

E listo. Xa estás participando!!

¿O mellor? Cantas máis compras, máis oportunidades, e canto maior importe de merca máis premio!!


🎁 ¿E se a túa compra che sae gratis?

Este ano sorteamos 5 compras gratis.

Si, así de simple:
👉 Podes recuperar o importe do teu ticket premiado (ata 100€)

As persoas gañadoras poderán volver desfrutar do comercio local, utilizando o seu premio en calquera dos establecementos asociados (comercio, hostalería e servizos)


🎙️ Un sorteo en directo

O momento da verdade chegará o 5 de maio, en directo dende Radio Arzúa, onde coñeceremos por fin a través das ondas aos afortunados.


❤️ Moito máis ca unha campaña

“Un agasallo para mamá” non é só un sorteo.

É un recordatorio de que detrás de cada compra hai persoas.
De que o comercio local dá vida ás nosas rúas.
E de que elixir Arzúa é apostar polo noso.


⏳ Tes ata o 3 de maio

Participa, desfruta, regala…
e quen sabe, igual este ano o agasallo para mamá lévalo ti 😉


AECA – CCA Arzúa. Preto de tí, coma sempre.


BASES SORTEO UN AGASALLO PARA MAMÁ

Busca esta cartelería polos locais do CCA Arzúa e participa con tódalas túas mercas superiores a 15€ durante a promoción.

Cartel da campaña

Relacionados